Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 24 de xuño

13.30 h
Na praza de Mazarelos, os concelleiros Marta Lois e Xan Duro participan nos actos con motivo da festa de San Xoán.

20.00 h
No Campo de Fútbol de Santa Isabel, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste ao partido Copa do Sar.

DÍA DE SAN XOÁN
12h - 15h Festival de San Xoán na Praza de Mazarelos.
12:30h Obradoiro interxeneracional de decoración de pratos de pulpo.
Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo e material.
13h Pasarrúas de música tradicional polo casco histórico: Quinta do Ulla.
13:30h Concerto de música tradicional: Quinta do Ulla.
15h - 17h Peche de espazos para a pausa de mediodía.
17h - 00h Festival de San Xoán na Praza de Mazarelos
18h - 20h Obradoiro de percusión e canto tradicional.
Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo e materiais. Inscricións no Posto de Información dende o xoves 22 de xuño ás 17h. Será necesario confirmar praza presencialmente no Posto de Información dez minutos antes do arranque da actividade.
21h: Obradoiro de elaboración de queimada.
Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo e materiais.
22h-23h. Concerto de música tradicional: Os Carunchos.
23:30h Conxuro con degustación de queimada. Praza de Mazarelos.
00h Peche do espazo e fin do Festival de San Xoán

Compartir: