Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 21 de xuño

10.15 h
En Conxo (concretarase o punto ao longo da tarde de hoxe), o voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, mantén un encontro cos medios de comunicación.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar os actos con motivo do Día do Orgullo LGTBI.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, para presentar o Ciclo de Cine ao aire libre, dentro das actividades dos Orzamentos Participativos de Mocidade.

14.00 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asina convenios de colaboración coas seguintes entidades: AGADEA, ALCER, CÁRITAS, CRUZ VERMELLA, DON BOSCO E MÉDICOS DO MUNDO.

17.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao alumnado de 6º de primaria do C.P. La Ería de Oviedo

ATA DOMINGO 25 DE XUÑO
- No Auditorio de Galicia, MiiC (Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea). Horario de exposición: Todos os días de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 19.00 h.
- Na Zona "C", ‘Os mundos de Carlos Casares’, unha visión do escritor e dos seus lugares. Entrada libre de martes a sábado de 16.00 a 20.00 h, domingos de 14.00 a 19.00 h.

Compartir: