Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 19 de xuño

10.30 h
No Salón Verde, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asina convenios de colaboración coas seguintes entidades: Aspanaes, Cociña Económica, Xoán XXIII, Colexio de Psicoloxía, Feafes e Proxecto Home.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar a convocatoria de axudas para o apoio a empresas de recente creación "Compostela Móvese 2017".

12.00 h
Na Praza do Obradoiro, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, participa na lectura do manifesto elaborado pola Plataforma Feminista Galega para esixir un Pacto de Estado contra as violencias machistas

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

19.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o embaixador de Australia, Timothy Kane.

20.00 h
Na sala Mozart do Auditorio de Galicia e como peche ás actividades da exposición MiiC, o director de animación, ilustrador e debuxante de cómics Alberto Vázquez charlará co público que asista á proxección do filme ‘Psiconautas' (non recomendado para menores de 16 anos). Entrada libre ata completar aforo. Antes da proxección, visita guiada á exposición previa reserva.

21.00 h
No Teatro Principal e con entrada libre previa retirada de localidades, Ciclo de Cine australiano organizado por ASBA (Australia Spain Business Association), a Embaixada de Australia, o Concello de Santiago e o Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago de Compostela. A primeira longametraxe que se proxectará será 'Lion', un filme que tivo 6 nominacións aos Oscars.

Compartir: