Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 17 de xuño

10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 h
Na Praza da Quintana, Obradoiro de Forxa
11.30 h
Conferencia de Thomas Mink
18.00 h
Conferencia de Óscar Aldonza
22.30 h
Sesión nocturna de forxa.

11.00 a 20.00 h
Na Alameda, C.D. Santa Isabel, Galeras e Praza Roxa, celebración da Festa do Deporte. Ás 11.15 h, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa nas actividades na Alameda e ás 12.30 h nas que terán lugar en Santa Isabel.

11.00 h
Na rúa Santa Teresa de Jornet, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, participa na Xornada de Convivencia con motivo do 50 aniversario de ASPAS.

13.30 h
Na avenida das Letras (diante do colexio maior Rodríguez Cadarso), a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, participa no X Aniversario de FEGADACE.

A partir das 19.30 h
Na praza de Cervantes, concertos con motivo do Día Europeo da Música.

Compartir: