Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 14 de xuño

9.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a Comisión executiva da devandita entidade. SÓ GRÁFICOS. ENVIARASE NOTA.

10.15 h
No Salón Verde, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asina os convenios de colaboración coas entidades FONTE DA VIRXE, ACADAR, FUNDACIÓN DOWN, FUNDACIÓN ANDREA, ASPAS, ACEM e SARELA.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Noa Morales, para presentar as obras que se van levar a cabo no pavillón do CEIP Monte dos Postes.

12.00 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita os locais retratados nas imaxes gañadoras do concurso #fotolingua. Punto de encontro: panadería O Cornecho (esquina da rúa presidente Salvador Allende con Galeras). A continuación, visita Ultramarinos Algalia e a libraría Chan da Pólvora.

12.30 h
No CERSIA, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste á clausura das Xornadas sobre Empresas de Inserción Laboral.

13.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción á Asociación de Persoas Xordas de Santiago, con motivo do día Nacional da Lingua de Signos Española.

19.00 h
No CSC das Fontiñas, sesión de Contacontos, actividade dentro do programa "Compostela + Solidaria".

20.00 h
No CSC das Fontiñas, a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, asiste á asemblea de diagnose e propostas dos Orzamentos Participativos para a área Rural Norte.

20.30 h
No Paraninfo da Universidade, concerto de fin de curso dos alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) Juan Gomollón Bel, Mario Fuertes Plata e Garazi Echeandía Arrondo, no ciclo A Escola na Cidade. Entrada libre ata completar o aforo.

Compartir: