Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 27 de decembro

10.30 h
No campo de fútbol de Santa Isabel, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado pola concelleira de Deporte, Noa Morales, visita o VII Campus Vero Boquete.

11.30 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o Campionato Galego de Natación. Na rolda estará José Rioseco, presidente do Club Natación Santiago, e Carlos Touriño, presidente da Federación Galega de Natación.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar o Festival Apego, que se celebrará o sábado 30 de decembro, dentro da programación de Nadal.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o Concerto de Nadal da Banda Municipal de Música e a Escolanía da Catedral, que terá lugar o xoves 28 de decembro. Na rolda estarán os directores de ambas formacións, Casiano Mouriño e José Luís Vázquez, respectivamente.

20.30 h
No Teatro Principal, Concerto de Nadal da Sociedade Filharmónica Rías Baixas. Programa para soprano e cuarteto de cordas con obras de A. Vivaldi, W.A. Mozart, A. Corelli, F. Kreisler, I. Albéniz, L. Anderson e C. Gardel. Entradas a 9 euros.

Compartir: