Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 19 de decembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar a Gala Solidaria "Festiclown" de Pallasos en Rebeldía. Na rolda estará Iván Prado, representante da organización.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o VII Campus Vero Boquete. Na rolda tamén estará a futbolista.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e do vicepresidente da Cámara de Comercio, Evaristo Rodríguez Carracedo, para dar a coñecer os gañadores do Premio Manuel Beiras,

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municial socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
No Salón Nobre, recepción de Nadal aos traballadores e traballadoras do Concello e recoñemento aos xubilados e xubiladas neste 2017.

18.30 h
Na Biblioteca Ánxel Casal, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á presentación do libro "La ciudad de las moscas doradas", de Simón Gallego Galvis.

20.00 h
Na Cámara de Comercio, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa no acto de entrega do Premio Manuel Beiras.

Compartir: