Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 16 de decembro

Todo o día
No CIAC, X Encontro de consumo responsable e educación ambiental. A SGEA (Sociedade Galega de Educación Ambiental) coa colaboración de Amigos da Terra, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG) e grupos de consumidores/produtores interesadas, programa un encontro para dar a coñecer diferentes iniciativas e/ou proxectos galegos sobre o consumo responsable e a educación ambiental. É de balde e non é necesario inscrición.

11.00 h
No Colexio La Salle, as concelleiras de Deporte e Políticas Sociais, Noa Morales e Concha Fernández, asisten á gala de entrega de premios Fademga-Special Olympics.

11.30 h
Dentro das actividades do CIAC (Belvís), obradoiro de "Xoguetes con material reciclado". É de balde pero é preciso inscribirse.

13.00 h
Na Praza 8 de marzo, a concelleira de Turismo, Marta Lois, visita o Mercado da Estrela.

17.30 h
No edificio Vía Cambre, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, visita o mercadiño solidario Asotreme.

19.00 h
Na Sala Agustín Magán do CSC Santa Marta, Fragmentada: un espectáculo de teatro físico e trapecio para público adulto, creado, dirixido e interpretado por Zenaida Alcalde Alcalde. Entrada: 3 euros.

20.00 h
No Teatro Principal, ópera Il Segreto di Susanna. Esta produción da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago reúne en escena ao Taller Atlántico Contemporáneo (TAC), ao actor e dramaturgo Cándido Pazó, á soprano moldava Clara Jelihovschi Panas e ao barítono Javier Franco. Entrada a 10 euros (Descontos do 50 % para os socios de Amigos da Ópera de Santiago)

20.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á Gala de Aspas.

20.45 h
En Barrigola, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á entrega de premios do Circuíto Borja Golán.

CultRural
CIPX. Parque de Belvís
11.00 h. Presentación de Compostela culTrural17 coas intervencións e resumo das propostas presentadas neste evento. Entrega de sementes de tomate negro de Santiago.
12.00 h. Visita guiada ás hortas de Belvís e As Brañas do Sar.
14.00 h. Presentación do libro "Arraiano entre Arraianos", de X.L. Méndez Ferrín, editado por Positivas e Arraianos, no restaurante Paz Nogueira. Xantar de cabra previa inscrición.

Compartir: