Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 14 de decembro

10.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o peregrino 300.000 de 2017.

11.15 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado pola concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, visita o Polígono do Tambre. Punto de encontro: Sede da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre (Vía Edison, 1B).

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
No centro de Afundación Obra Social Abanca (rúa do Vilar, 19), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura a exposición "De tendas. O comercio emblema dunha cidade".

13.45 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción aos participantes no Encontro Estatal de Guías de Turismo de España.

16.00 h
Na Coruña, a concelleira Marta Lois asiste ao I Congreso de Mercados Urbanos Sostibles.

20.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de entrega do Premio Antonio Fraguas.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, o director Diego García Rodríguez dirixe a RFG nun concerto con obras de Rossini, Mozart e Beethoven. Entrada a 12 euros (Con descontos do 50% para diferentes colectivos)

20.30 h
No Teatro Principal, a compañía de danza MalPelo leva a escena o espectáculo "O quinto inverno", unha reflexión, marcada por unha expresión poética, sobre o paso do tempo e os límites do propio territorio. Prezo das entradas: 10 euros.

CultRural
Facultade de Xornalismo. Campus Norte

17.00 h. Proxectos entidades privadas sobre experiencias agroalimentarias de éxito:
Lino Lema (XANTAR DE VAGAR-CONVIVIUM SLOW FOOD GALICIA LITORAL)
Paula Garrido (COOPERATIVA CAPRINA GALEGA)
Leonor Lorenzo (CONVIVIUM SLOW FOOD COMPOSTELA)
Juan Soriano (Proxecto ENTRELAMPO)
Lucas Requeixo (REALIMÉNTATE - Lalín)
Emilio Arias (REDE DE MICROENCUBADORAS DO LOCAL)
Irene Fariña (PROXECTO APRENDER PARA EMPRENDER NO RURAL)

18.00 h. IV Festival Internacional de Cine Rural de Galicia Carlos Velo.
Proxección dalgunhas das obras finalistas.

Compartir: