Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 13 de decembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa Federación de Libreiros de Galicia.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, para presentar o Taller de cociña "Cociñando coas avoas". Na rolda tamén estarán as profesoras Victoria Bar, Sara García e Carmen Cabanas, ex cociñeiras profesionais.

CultRural
Facultade de Xornalismo. Campus Norte

17.00 h. Presentación de propostas institucionais sobre experiencias en desenvolvemento rural:
Anxo Rei (MERCADO LABREGO DOS TILOS)
Javier Blanco (AGADER)
Juan Manuel García Bartolomé (Xefe de Publicacións da Mediateca do MAPAMA)
Anxo Vázquez (Programas O AGRO e LABRANZA - TVG)
Bernardo Varela (O BOI DE ALLARIZ)

18.00 h. Óliver Laxe: presentación dun proxecto de desenvolvemento rural promovido polo cineasta e proxección de imaxes de incendios forestais rodadas para o seu novo filme.

19.30 h. IV Festival Internacional de Cine Rural de Galicia.

Compartir: