Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 12 de decembro

10.15 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, asinan o convenio de colaboración para o financiamento do Auditorio de Galicia.

10.45 h
No aulario do Mercado de Abastos, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mercados, Noa Morales, e da xerenta da Praza, Marta Rey, para presentar a programación de Nadal do Mercado.

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, mantén unha xuntanza co rexedor de Ames, José Miñones, para abordar cuestións relacionadas co tráfico na SC-20.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar a ópera "Il Segreto di Susanna". Na rolda participan Jesús Couceiro e José María Miranda, presidente e secretario da Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela.

12.00 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, para presentar o borrador de orzamentos do 2018.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

19.00 h
Na Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de entrega dos Premios da Cultura Galega 2017.

19.30 h
No Teatro Principal, Festival de Nadal 2017 da Escola Municipal de Música.

CultRural
Na Facultade de Ciencias da Información
16.30 h. Inauguración das Xornadas cultRural, co concelleiro Xan Duro e membros da organización.
17.00 h. Debate das propostas dos grupos políticos representados no Concello sobre o papel do rural no seu modelo de cidade. Moderado por Aser Álvarez.
18.30 h. Presentación do IV Festival Internacional de Cine Rural de Galicia "Carlos Velo": presentación do spot do festival FICCRural e do proxecto cultRural Escola; sesión inaugural cunha curtametraxe rural para a mocidade realizada nun campo de traballo audiovisual dentro do proxecto cultRural Escola; retrospectiva sobre A Chanfaina Lab: cine rural en acción, memoria, identidade e audiovisual.

Compartir: