Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 1 de decembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o concerto Mirando ao Sur, que a Banda Municipal de Música de Santiago ofrecerá o domingo día 3 de decembro ás 12.00 no Teatro Principal. Intervirán Casiano Mouriño, director da BMSC, José Antonio González, director convidado e Juan Pinilla, cantaor.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.00 h
Na Coruña, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, asiste ao 3º encontro de Cidades Refuxio.

13.00 h
Na sede da Fundación Granell, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, asiste ao acto de presentación da serigrafía "Alphabet Tovar", do artista Iván Tovar.

13.30 h
No Pazo de Fonseca, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de homenaxe a Juan Gestal, ex decano da Facultade de Medicina, con motivo da súa xubilación.

16.00 h
Na Facultade de Matemáticas, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asiste á inauguración da III Xornada Mulleres na Ciencia.

18.30 h
No Auditorio de Galicia, a compañía teatral Tresperté presenta o multipremiado espectáculo Oopart. A obra forma parte do programa PLATEA do INAEM e está dirixido ao público infantil e familiar.

Compartir: