Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 27 de xuño

10.30 h
No CEIP das Fontiñas, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manolo Dios, visita os nenos e nenas que participan no Programa municipal de conciliación de verán.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o Campamente de Verán Rocha Forte. Na rolda tamén estará Carlos Delgado, presidente da Asociación Cultural Rocha Forte, e Mar Bóveda, directora de Caixal Proxecto Culturais.

11.50 h (aprox.)
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, mantén un encontro cos medios de comunicación.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o concelleiro responsable de Deportes, Rafael Peña, recibe a unha delegación da Federación Internacional de Xadrez.

Compartir: