Previsións informativas para o luns 8 de abril
10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, Fantoches Baj presenta 'A Fábula galénica', títeres de luva no programa didáctico dirixido a escolares de Infantil. É necesario reservar.
11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, e da concelleira de Educación, María Castelao, para presentar o fallo do xurado do VI Premio internacional "Compostela" de álbums ilustrados. Tamén estará na rolda o director-xerente da editorial Kalandraka, Xosé Ballesteros.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos de carácter local.
14.30 h
En Benestar Social (Galeras), a concelleira de Benestar Social, María Castelao, reúnese con representantes de AGADEA.
19.00 h
No Salón Verde, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe a Asociación de Antigos Tunos de Santiago.