Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 21 de xullo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e o representante de MaisLume Kolektive, Yago Rilo, presentan o "Compostela Dub 2016, I Encontro Internacional en torno á cultura xamaicana e o Sound System" que se celebrará o sábado no marco das festas do Apóstolo.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e de José Gallart, da empresa Focs d´artifici Europlá S.L, para presentar os Fogos do Apóstolo 2016.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do día 19 de maio de 2016 (núm. 8/16).
2. Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3. Proposta da alcaldía de determinación de festivos locais para o ano 2017.
4. Dar conta da aprobación definitiva da modificación puntual do plan xeral de ordenación municipal (PXOM) na Rocha. Estrada N-550, PK 67.
5. Aprobación definitiva da modificación puntual do plan especial de reforma interior PERI-2 no ámbito da AEI-E. Conxo de Arriba.
6. Aprobación definitiva do estudo de detalle no ámbito de modificación puntual do plan especial de reforma interior (PERI-5) e do plan parcial do SUNP-6. San Lázaro.
7. Ampliación de usos na parcela PR-10 do SUP-4 (Conxo).
8. Nomeamento de vogais da Comisión Asesora do Patrimonio Histórico.
9. Resolución de alegacións e aprobación definitiva, se procede, da ordenanza de transparencia, acceso á información pública e reutilización de datos.
10. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre o remate das obras de mellora da mobilidade e accesibilidade no barrio de Vista Alegre.
11. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, para adoptar medidas na procura de atallar a proliferación de puntos de vertidos incontrolados no termo municipal.
12. Proposición do grupo municipal do BNG, para a creación dun viveiro de pequenos comercios e unha liña de axudas á rehabilitación de locais sen uso na cidade histórica.
13. Proposición do grupo municipal do BNG, sobre a conveniencia da redacción dun plan estratéxico de subvencións.
14. Proposición do grupo municipal Socialista, relativa á accesibilidade nos parques públicos.
15. Proposición do grupo municipal Socialista, para a creación e constitución dun órgano especializado na resolución das reclamacións económico-administrativas no Concello de Santiago.
16. Dar conta de persoamentos, sentenzas e outras incidencias en recursos contencioso-administrativos.
17. Dar conta da designación de representantes dos grupos políticos municipais no Pleno do Consello Municipal de Turismo.
18. Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
19. Rogos e preguntas.
20. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

VERÁN EN VERDE

PERCORRER
11.00 h Con saída desde o CSC de Conxo, Rutas naturais: O río Sar en Conxo. Necesaria inscrición previa no 661 406 965.

FESTAS DO APÓSTOLO 2016

ARTELLANDO NOS BARRIOS
12.00 h ARIEL NINES: Músicas para peto. CSC Amio
12.00 h RAQUEL QUEIZÁS: Romaría. CSC A Trisca
19.00 h MAURO SANÍN: Músicas para peto. CSC Santa Marta

Sesión Vermú
13.00 h MrCOOL e FELIPE CASTRO. Praza de Cervantes

20.00 h
Concerto: BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA. BAILES DE SALÓN
Bailaríns: LUCÍA VÁZQUEZ e CRISTIAN GARCÍA
Casiano Mouriño Maquieira, director
Praza das Praterías

20.00 h
XXXVIII TORNEO DA CHAVE FESTAS DO APÓSTOLO
(inscrición e competición) Alameda

ARTELLANDO NOS RECUNCHOS
21.00 h JANET NOVAS: Feelings (Danza contemporánea). San Martiño Pinario

22.00 h
Concerto
22:00 h CAXADE
23:00 h CRÓ!
00:00 h FAMILIA CAAMAGNO
01:00 h TERBUTALINA
02:00 h MALANDRÓMEDA
Praza da Quintana. Entrada libre

ARTELLANDO NA NOITE
23.00 h Concerto: TALABARTE (Galicia/World music). Praza do Toural

Compartir: