Previsións informativas para o mércores 20 de xullo
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar os concertos que terán lugar o xoves 21 dentro do programa das Festas do Apóstolo. Na rolda estarán tamén membros dos grupos participantes.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, sobre asuntos da súa área.
17.00 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración da Cociña Económica (rúa Travesa,13).
20.00 h
No Hotel Costa Vella, a concelleira Concha Fernández asiste á presentación do novo número da revista Coralia.
21.00 h
Na Casa do Concello, recepción aos membros do Congreso Internacional "1936, un novo relato? 80 anos entre historia e memoria".
VERÁN EN VERDE
PERCORRER
10.00 a 13.00 h Con saída do CSC de Vite, Movemento e saúde: Circuíto saudable, pasando polo Parque de Vite e a Ruta Sarela Norte. Necesaria inscrición previa no CSC O Ensanche ou no 981 543 001.
FESTAS DO APÓSTOLO 2016
ARTELLANDO NOS BARRIOS
12.00 h ELEFANTE ELEGANTE: Lobo bobo. CSC Laraño
12.00 h ANA CARREIRA: Pequenas historias.
CSC Nemenzo
19.00 h ELEFANTE ELEGANTE: Lobo bobo.
CSC A Gracia
19.00 h JAVI JAVICHI: Veló como el rayo. Praza Roxa
ARTELLANDO NOS RECUNCHOS
21.00 h L.A.R. LEGIDO: Performance. Praza da Olivera
22.00 h
NEW WORLD GOSPEL ENSEMBLE
MO RODGERS BLUES BAND
Praza da Quintana. Entrada libre
ARTELLANDO NA NOITE
23.00 h Concerto MARÍA RODÉS (Barcelona/Copla). Praza do Toural