Previsións informativas para o mércores 23 de outubro
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social, María Castelao, para presentar o proxecto comunitario "A nosa vida en positivo?: vulnerabilidade social en adolescentes; reflexións técnicas e experiencias vitais". Na rolda tamén estará a orientadora do IES Antonio Fraguas, Dolores Sanz; o xefe do Departamento de Filosofía do IES Antonio Fraguas, Rafael Varela, e a directora do Centro de Día Arela, Mila Budiño.
12.00 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe a embaixadora de Sudáfrica, Fikile Magubane.
12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes e a deputada do grupo parlamentario Carmen Acuña.
18.00 h
Na igrexa de San Domingos de Bonaval, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, asiste ao acto "En galego, agora e sempre", organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística.
19.15 h
No salón de actos do CSC do Ensanche, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, asiste ao comezo do programa "Busco parella...lingüística".
20.00 h
Na Fundación Granell, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, asiste ao certame de xoias do Xuventude Crea 2013, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
20.30 h
Na Zona C, Lagarta, Lagarta presenta 'O país do Pato Donald' dentro do ciclo Teatro&Danza.
20.30 h
Na Igrexa da Universidade, o Cuarteto Bretón presenta 'Perspectivas de cuarteto' dentro das Xornadas de Música Contemporánea.