Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o sábado 27 de xuño
12.00 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de colocación da primeira pedra do SUNP-12 do Castiñeiriño.
18.00 h
No CSC da Rocha, Obradoiro de Cociña e xogos para rapaces dentro da programación propia do centro.
19.00 h
No CSC da Trisca, Conferencia A astronomía e o home impartida polo Club Vega Astronomía dentro das actividades específicas polo Ano da Astronomía.
21.00 h
III Ciclo Revelando Voces
No Teatro Principal, Gala Final de Revelando Voces con Aló Django e Jacobo de Miguel e Ton Risco.