Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o sábado 11 de xullo
20.30 h
Na Capela da Orde Terceira, concerto de La Bellemont, baixo o nome de ‘Bach en trío. As tres sonatas para viola de gamba e clave obrigado’, enmarcado dentro do festival Via Stellae.
23.00 h
Saída da praza do Obradoiro do CorreSan nocturno. (22.15 h, saída dos benxamíns e alevíns e ás 22.30 h, dos infantís e cadetes). Chegada á praza do Obradoiro.