Previsións informativas para o luns 13 de decembro
10.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Comercio, Emprego e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, sobre asuntos da súa área.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, para presentar o Programa de dinamización social, igualdade de oportunidades e de formación e educación de colectivos en risco de exclusión, encadrado na iniciativa Urbana Santiago Norte, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde; Vítor Freixanes, director da editorial Galaxia; e Carlos Lema, director de edicións; para presentar os novos títulos da Biblioteca Compostela de Narrativa Europea.
12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a xuntanza do Padroado da Fundación do Refuxio.
13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.
20.30 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, proxección de Curtocircuíto: Cine da Lusofonía.
Apalpando as Ilusións
20:40_CSC O ENSANCHE_Música_CORO DA RÁ