Previsións informativas para o mércores 1 de decembro
11.00 h
Na Aula Sociocutlural de Caixa Galicia, pase de prensa do filme "Secuestrados" de Miguel Ángel Vivas co que se clausura Cineuropa o xoves.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos da súa área.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, para presentar o Programa Apalpando as Ilusións
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, para presentar o libro Corazón de Chocolate, de Jaureguízar, que tamén estará na rolda. A continuación, darase a coñecer o fallo do xurado da XV Edición dos Premios Ánxel Casal.
18.00 h
No CSC de Conxo, Obradoiro Decoración do centro
18.30 h
No CSC das Fontiñas, Obradoiro Decoro o meu centro: Vidreiras no Nadal dentro do programa Apalpando as Ilusións (Necesaria inscrición)
Viaxe a Bruxelas
10.00 h
Na Fundación Galicia Europa (Rue de la Loi 38), o alcalde compostelán e presidente da Comisión Executiva da Rede de Cidades Europeas Transfronteirizas (CECICN), Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Buró Político da devandita entidade.
12.30 h
Na Rue Belliard / Belliardstraat, 99-101 B, o alcalde compostelán e presidente da CECICN, Xosé A. Sánchez Bugallo, entrevístase coa presidenta do Comité das Rexións, Mercedes Bresso
14.45 h
Na Rue Pere de Deken 23, o alcalde compostelán e presidente da CECICN, Xosé A. Sánchez Bugallo, entrevístase co comisario de Política Rexional da UE, Johannes Hahn.