Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 5 de xullo

NOTA: enviarase información dos acordos da Xunta de Goberno local.

11.00 h (hora española)
En Viana do Castelo, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á comisión executiva do Eixo Atlántico.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, para presentar a campaña "Oes ti", dento das actividades de Territorio das Mulleres no Rural.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para presentar as Aulas Ciclistas de La Vuelta.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

17.00 h
Na Alameda, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste á inauguración da exposición "Pacto Verde Europeo".

Compartir: