Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o sábado 20 de xaneiro
10.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único.- Designación de membros para as mesas electorais das eleccións oa Parlamento de Galicia de febreiro de 2024.
NOTA: non hai streaming
11.45 h
No Hospital Psiquiátrico de Conxo, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na apertura das Lecturas de Coidado. I Encontro sobre a lectura como ferramenta transformadora das comunidades.
19.00 h
No Auditorio de Galicia, a alcaldesa Goretti Sanmartín e a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, asisten ao espectáculo Iribarne, de Butacazero, Centro Dramático Nacional e Mit Ribadavia.