Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 9 de novembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, do presidente da Asociación de Hostalería Compostela, Thor Rodríguez, e da xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, para presentar a XIII edición de Santiago(é)Tapas.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar as Xornadas de Ilustración Urbana que se celebran o 13 de novembro. Na rolda participa tamén a coordinadora das Xornadas, Gemma Sesar.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asina senllos convenios co presidente do Colexio de Economistas da Coruña, Miguel Ángel Vázquez Taín, e co presidente do Colexio de Avogados de Santiago, Francisco José Rabuñal Mosquera, para o establecemento dun sistema de colaboración entre a administración tributaria do Concello de Santiago de Compostela e ambos colexios.

19.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visita o campo de fútbol do Sergas, xunto coa concelleira de Deportes, Esther Pedrosa.

20.00 h
No Teatro Principal, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste ao acto de entrega do Premio Cineuropa a Nadav Lapid.

20.00 h
No CSC do Ensanche, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste acto de homenaxe a Rafael Silva, dono da libraría Follas Novas.

Compartir: