Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 11 de novembro

9.30 h
No Auditorio Abanca (Rúa do Preguntoiro, 23), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración I Congreso Internacional de Protocolo e Eventos.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do Grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Centros Socioculturais, Javier Fernández; e de Educación, Rubén Prol, para presentar as actividades de conciliación de Nadal de ambos departamentos.
NOTA: a rolda retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese con SOS Sanidade Pública

18.00 h
No Pub Atlántico (Rúa da Fonte de San Miguel, 9), inauguración da II edición de Santiago(é)Cóctel.

Compartir: