Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 2 de febreiro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais e Centros Cívicos, Concha Fernández, para dar conta das novas actividades enmarcadas no programa "Entendendo a cidade". Na rolda tamén participará Edu Sánchez, guía dos roteiros.

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o presidente do colectivo Composcleta, Faustino Gómez.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA, do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da primeira tenente de alcalde, María Rozas, e do director da Banda Municipal de Música, Casiano Mouriño, para presentar o concerto deste domingo, "Un paseo con Santos Bartolomé". Na rolda estará tamén o propio Amador Santos Bartolomé, quen foi director da Banda durante 40 anos.

11.30 h
No Cersia, a concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, asiste á apertura do Programa Integrado "Emprega Santiago VI".

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA, rolda de prensa do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.

Compartir: