Previsións informativas para o martes 26 de xaneiro
10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, a compañía Bocaberta presenta ‘A tropa trapalleira’ dentro do programa didáctico de teatro e danza.
10.00 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, visitan a Asociación de Dano Cerebral Sarela (rúa Pedro González Cabezas).
11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e do arquitecto Iñaki Alday para presentar o Plan director das zonas verdes e dos espazos públicos de Santiago.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Políticas Sociais, Concha Fernández, e de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, para presentar o proxecto Colabora.
19.00 h
Na Fundación Granell, conferencia "Paisaxe socio-ecolóxica, o novo patrimonio de Santiago de Compostela", a cargo do arquitecto Iñaki Alday.
20.00 h
Na Fundación Gonzalo Torrente Ballester, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, presenta o libro Historias de Compostela. Dezasete crónicas de Santiago (1970), de Xosé Filgueira Valverde.