Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o sábado 22 de febreiro
18.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto familiar 'Pedro e o lobo' coa Real Filharmonía de Galicia e Títeres Per Poc, dentro do Programa Infantil&Familiar.
20.00 h
No Multiúsos Fontes do Sar, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao partido do Obradoiro.
20.30 h
Na Zona C, 'Barbazul, unha sabotaxe amorosa', dirixida por Marta Pazos, dentro do programa Teatro&Danza. Con Mónica de Nut e Borja Fernández.
21.00 h
Na Sala Capitol, concerto de Marlango no que presentan o seu novo traballo 'Un disco extraordinario'. Dentro do Compostela Rock.