Previsións informativas para o xoves 10 de outubro
9.30 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o embaixador da India en España, Sunil Lal.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, para presentar o Certame MúsicaXove.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, María Castelao, do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e do director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061, José Antonio Iglesias, para presentar "Reanima un corazón", actividades de técnicas de reanimación cardio-pulmonar (RCP) para escolares.
12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.
18.00 h
Na Praza Roxa, a concelleira de Benestar Social e Umad, María Castelao, asiste á clausura das actividades de cultura urbana que se desenvolveron ao longo dos seis últimos meses. Trátase dunha actividade final de portas abertas con diferentes obradoiros e exhibicións relacionados coa cultura urbana dirixidas á xuventude.
20.00 h
No Auditorio de Galicia, a concelleira Amelia González inaugura a exposición 'O bosquexo do mundo', unha coprodución do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (Marco), O Auditorio de Galicia (Santiago) e a Fundación Seone (A Coruña).
20.00 h
No Conservatorio Municipal de Música, 'O piano preparado', concerto didáctico que se enmarca dentro do ciclo 'A desTempo', das Xornadas de Música Contemporáneas. Poderemos escoitar sonatas e interludios para piano preparado de John Cage.
20.15 h
Na Librería Pedreira, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asiste á presentación do libro Aquel neno, de Xosé Neira Vilas. Participarán no acto o autor e o ilustrador Xosé Vizoso.
20.30 h
No Teatro Principal, Eliseo Parra será cabeza de cartel da primeira noite de Sons Tránsitos, estará acompañado de Amesmalúa, en Sons'13.
20.30 h
Na Zona C, '