Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o sábado 10 de decembro
11.00 h
No Museo do Pobo Galego, o concelleiro Albino Vázquez Aldrey asiste en representación do alcalde á Asemblea Xeral Ordinaria do Padroado do Museo do Pobo Galego.
11.00 h
Na igrexa parroquial de Lavacolla, a concelleira Amelia González asiste en representación do alcalde aos actos con motivo da festividade da Virxe de Loreto, patroa do Exército do Aire.
11.15 h
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á viaxe inaugural do AVE Santiago-Ourense. A chegada a Ourense está prevista ás 12.15 h e o acto de inauguración ás 12.30 h.
20.00 h
No Teatro Principal, Hipócrita Teatro presenta 'Homes en escabeche' dentro do X Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán.