Previsións informativas para o venres 9 de xullo
11.00 h
En Salgueiriños, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega das vivendas de promoción pública de Salgueiriños.
11.40 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar un novo aplicativo que permitirá descargar o Boletín de ofertas de emprego Máiscompostela a través do teléfono móbil.
12.00 h
O voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, acompañado por concelleiros do seu grupo, visita o barrio de San Pedro. Punto de encontro: Igrexa de San Pedro.
12.15 h
En Santa Marta, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á posta en funcionamento do novo aparcamento de borde.
13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Javier Sánchez-Agustino, sobre asuntos de carácter local.
13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o Clube Deportivo Muebles Compostela.
18.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de recoñecemento aos alumnos e alumnas de ensino medio con cualificación superior a 9, organizado pola USC.
VIVE O VERÁN
11.30h. No parque de Vista Alegre, Obradoiros de Pasarrúas: Os Cabezudos para nenos e nenas de 5 a 15 anos.