Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o domingo 20 de xuño
11.00 h
Na Alameda, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participa no último tramo da peregrinación dos membros de Special Olympics Galicia.
12.00 h
Na Rúa do Vilar, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.
20.30 h
Na Alameda, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura o I Encontro Internacional de Literatura de Viaxes LITVI.