Previsións informativas para o sábado 21 de abril
12.00 h.
No salón de Actos do Centro Dramático Galego, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego asiste á entrega do Premio Born de Teatro.
13.00 h.
Na Casa do Concello, recepción aos Orfos de Renfe.
20.00 h.
O alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita as obras de restauración da igrexa parroquial de San Lázaro.
21.00 h
Compostela Máxica 07
No Auditorio de Galicia, Gala Internacional Final de Compostela Máxica. Coa presentación de Pepe Regueira, actúan Aaron Crown, Armando Lucero, Johnny Lonn, Kevin James, Mago Romarís e Mahka Tendo.
21.00 h.
No Teatro Principal, Arrás presenta o seu primeiro traballo, Asumindo Riscos.
21.00 h.
No Multiusos de Sar, concerto de Luis Eduardo Aute e Antonio Vega, no I Festival de Autor Cidade de Compostela.
22.00 h.
No hotel Os Abetos (San Lázaro, s/n), o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, asiste á entrega do II Premio Manuel María á dignidade nacional.