Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o luns 15 de xuño
11.30 h
Na Escola Infantil Municipal de Conxo, a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, asiste á sesión de educación viaria para os máis pequenos na que participarán os alumnos das escolas infantís de Conxo, Fontiñas e San Roque. Esta actividade enmárcase no programa de Educación Viaria e Autoprotección organizado polas Concellerías de Educación e de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá do Concello de Santiago.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Ángel Currás, sobre asuntos de carácter local.
16.00 h
No CSC do Castiñeiriño, Obradoiro de cociña Xantares.