Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o venres 12 de xuño
12.00 h
Na Casa do Concello, o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, asina un convenio de colaboración coa Câmara Municipal de Braga, representada neste acto por Ana Morais, responsable de Cultura.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos da súa área.
20.00 h
No Teatro Principal proxección de O club da calceta dirixida por Antón Dobao e baseada na novela do mesmo nome de María Reimóndez.