Previsións informativas para o martes 29 de marzo
10.30 h
No Teatro Principal, Talía Teatro presenta "Valentino Rufini e akil pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can)" de Roberto Salgueiro. Con Dani Trillo e Diego Rey dirixida por Roberto Salgueiro.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Ángel Currás, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos da súa área.
12.30 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.
20.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa asociación de veciños Doutor Maceira de Conxo.