Previsións informativas para o mércores 24 de febreiro
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da portavoz do grupo municipal do BNG, Socorro García Conde, para presentar dúas mocións que o seu grupo leva ao Pleno Municipal deste mes.
12.10 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, para presentar "O Camiño connosco".
19.30 h
No Salón Nobre de Fonseca, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de presentación do libro homenaxe a Gerardo Fernández Albor e de imposición da Insignia de Ouro da USC.
20.00 h
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, Coloquio Consumo responsábel: unha experiencia compostelana organizado por Eirado. Cooperativa Galega de Consumo Responsábel, iniciativa de cidadáns de Compostela que busca fomentar o consumo de produtos ecolóxicos e locais.
20.30 h
No Gran Hotel (rúa Mestre Mateo, s/n), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta aos veciños o proxecto de reurbanización dos entornos urbanos de acceso á cidade: Rosalía de Castro, desde Romero Donallo- Santa Marta-Choupana-Volta do Castro.
Ciclo de Cinema Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade
Teatro Principal
20.00h. Pippermint frappé de Carlos Saura (Cuenca)
22.00h. Fraude de Orson Welles (Ibiza)