Previsions informativas para o martes 31 de xullo
8.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: Resolución de alegacións e aprobación definitiva, se procede, do orzamento e cadro de persoal do Concello para o ano 2012.
10.45 h
No Pavillón do Restollal, a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, clausura o Programa de conciliación familiar e laboral "Escolas de Verán 2012".
11.30 h
En San Caetano, a concelleira de Obras e Infraestruturas, María Castelao, visita as obras de construción da rotonda.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 10.30 h da Praza do Obradoiro para ir ao Restollal e, a continuación, a San Caetano.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
13.00 h
Na rúa da Troia, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto de reapertura do Museo da Casa da Troia, xunto co concelleiro Francisco Noya.
Festas do Apóstolo 2012
12:00 h.Animación de rúa.
13:00 h. Reapertura do Museo La Casa de la Troya.
20:00 h.Animación de rúa.
23:00 h Castelo de fogos artificiais.
Escalinata do Campus Universitario
(GPD-Pirotecnia Ricasa)
23:30 h Concerto LÚAR NA LUBRE presentando MAR MAIOR.
Entrada libre
Praza da Quintana
24:00 h. Orquestra TELEVISIÓN.
Paseo central da Alameda