Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o mércores 18 de xullo
11.00 h
A concelleira de Obras e Infraestruturas, María Castelao, visita as obras do polígono 4 de Fontiñas. Punto de encontro: enfronte restaurante Monterrey.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco Noya, para presentar os Fogos do Apóstolo 2012.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco Noya, para presentar o Día do Traxe Galego, dentro das Festas do Apóstolo 2012. Na rolda tamén estará a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Rita Miramontes.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marisa del Río, sobre asuntos de carácter local.
21.00 h
No Auditorio de Galicia, 'Galicia Canibal, o Musical'.