Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o mércores 3 de agosto
11.30 h
Na biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia, o alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, participa no acto de sinatura dos convenios de colaboración para o financiamento das Oficinas Municipais de Rehabilitación, xunto co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández. O alcalde compostelán intervirá en nome dos 32 concellos asinantes.
12.00 h
Nos xardíns de San Frutuoso (detrás de Raxoi), o concelleiro de Cultura, Ángel Currás, presenta o programa do Festival dos Abrazos 2011. (NOTA: Haberá unha pequena actuación de danza.)
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros María Castelao e Adrián Varela para facer balance das Festas do Apóstolo 2011.