Previsións informativas para o martes 24 de novembro
11.00 h
Na sede do Consorcio, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, para presentar o estado dos traballos do Programa Urbe, iniciado en 2007 e destinado a dixitalizar todos os fondos documentais da cidade e crear unha ferramenta informática básica de consulta e documentación. Na rolda tamén estarán Xosé Manuel Villanueva Prieto, xerente do Consorcio de Santiago; Fernando López Alsina, director do Programa Urbe; Jose María Díaz Fernández, deán e director do Arquivo da Catedral de Santiago; Juan Conde Roa, coordinador do Programa Urbe.
11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, para presentar os actos conmemorativos do 25 de novembro, Día Internacional da Loita contra a Violencia de Xénero.
11.45 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o director xerente da Fundación Galicia Emigración, José Manuel Castelao Bragaña.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde; o presidente da Federación Galega de Bandas de Música Populares, Rubén Souto Santos; e Víctor Rey, xefe de Promoción e Difusión Cultural da Consellería de Cultura para presentar o III Certame Galego de Bandas de Música que se celebra os vindeiros 27, 28 e 29 de novembro no Auditorio de Galicia.
12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.
13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Javier Sánchez-Agustino, sobre asuntos de carácter local.
13.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Comisión Executiva da devandita entidade.
16.45 h
En San Fiz de Solovio, a concelleira de Cidade Histórica, Olga Pedreira, participará nunha actividade con escolares dentro do programa divulgativo sobre a Historia de Santiago Compostela Conta.
20.30 h.
Na Casa do Concello, recepción aos participantes nas VI Xornadas Nacionais de Comunicación e Xustiza.
CINEUROPA
18:00 h LA PRÓXIMA ESTACIÓN. Pino Solanas
20:15 h SEXO, ENTRE O CEO E A TERRA. Teo Manuel Abad. ESTREA ABSOLUTA.
22:00 h SOUL KITCHEN. Fatih Akin
23:45 h CHAN MAT
00:45 h BEYOND IPANEMA Guto Barra