Previsións informativas para o mércores 26 de setembro
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación e Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, para o presentar o programa "Galego de cine".
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e do director do Festival Internacional de Títeres Galicreques, Jorge Rey, que se celebra do 1 ao 7 de outubro.
19.00 h
No Colexio de Fonseca, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á inauguración da exposición "Manuel Bonome. Retrospectiva".
20.00 h
No local social do Romaño, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, e a concelleira de Obras, María Castelao, reúnense cos veciños para informalos do proxecto de construción do novo centro sociocultural do barrio.
20.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, concerto Novos Talentos do II Festival Peregrinos Musicais.
21.00 h
No Teatro Principal, Teatro do Morcego presenta 'A función do tequila' de Manuel Guede. Dirixida por Antonio Simón, con Manuel Manquiña, Santiago Fernández, Luisa Merelas e Elina Luaces. Dentro do ciclo Teatro&Danza.
VIII SEMANA CULTURAL DE A ROCHA
18.00h Obradoiro Caligrafías Esquecidas para nen@s a partires de 6 anos.
Exposición de Artes Gráficas do 25 de Setembro ata o 6 de Outubro. Aberta ao público en horario de martes a sábado de 17.00h a 20.00h.