Previsións informativas para o xoves 3 de decembro
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, para presentar a campaña "Nadal Solidario".
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o II Catálogo de promoción comercial Regalar custa pouco.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e de Alberto Álvarez, presidente da Federación Galega de Teatro Afeccionado, FEGATEA, para presentar o Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán que se celebra no Teatro Principal do 5 ao 8 deste mes. Na rolda estará tamén Victor Rey, Xefe do Servizo da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Consellería de Cultura e Turismo e algun representante dos grupos participantes.
13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, e de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano.
17.00 h
No CSC de Vite, GoChi, Obradoiro de iniciación ao graffiti dentro do programa Letras Vivas Animación.
19.00 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, asiste á mesa redonda "Redes sociais, facebook, tuenti...: a cara oculta dos amigos dos meus fillos".
20.00 h
No Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta o proxecto Urbana Santiago Norte ás asociacións e entidades da zona norte.
21.00 h
No Teatro Principal, Teatro do Atlántico presenta O xogo de Yalta. Afterplay, dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios.