Previsións informativas para o luns 20 de outubro
10.50 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, a subdirectora xeral de Promoción Industrial e Comercio Exterior da Consellería de Innovación e Industria, Manuel Fraguela, e o director de Curtocircuíto, Tim Redford, para presentar o III Mercado Internacional de Curtametraxes de Curtocircuíto.
11.00 h.
Concertos Didácticos
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico de Marcos Teira: guitarra flamenca.
11.10 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, para dar a coñecer os gañadores da edición de outono do concurso de Escaparatismo.
11.15 h
No CSC das Fontiñas, a concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e a Secretaria Xeral de Igualdade, Carme Adán, inauguran o ciclo "A muller na ciencia"´que se celebrará durante 15 días neste Centro Sociocultural.
11.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo; o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro de Medio Ambiente de Ordes, Xesús Pedreira, asinan o protocolo para a creación dun Consorcio para xestion das Vías Verdes. No acto tamén estarán presentes os concelleiros de Medio Ambiente dos concellos de Santiago, Elvira Cienfuegos, e de Oroso, Xosé Pérez.
12.15
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da FEGAMP, Carlos Fernández, asinan o contrato para a cesión da parcela na que se ubicará a nova sede da Federación Galega de Municipios e Provincias.
13.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social, Mar Martín, sobre asuntos da súa área.