Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 30 de novembro

9.00 h
No Edificio Fontán da Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da XXVI Reunión Plenaria da Fundación Círculo de Montevideo.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro para presentar "Wedding Pack solidario. Cásate no Camiño", un evento solidario a favor da Asociación Galega de Trasplantados de Medula Ósea (ASOTRAME). Na rolda tamén estará Mario Álvarez Rodríguez, vicepresidente e coordinador en Santiago de ASOTRAME; Rosa Echevarría Domínguez, presidenta de I'TICS (Institución Turística, Inclusiva, Cultural e Social sen ánimo de lucro), promotora e organizadora do evento; e Dani Ríos Núñez, secretario de I'TICS'.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asina o convenio de colaboración coa Xunta Provincial da Coruña da Asociación Española contra o Cancro.

19.00 h
No Teatro Principal, acto de entrega da Medalla de Ouro 2019 do Concello de Santiago ao Ilustre Colexio de Avogados de Santiago.

Compartir: