Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 4 de xullo

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e da concelleira de Turismo, Míriam Louzao, para presentar o informe "O imposto sobre estadías turísticas para Santiago de Compostela". Tamén estarán os seus autores, os catedráticos da USC Rubén Lois e César García.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Festas, Pilar Lueiro, para presentar o programa ‘Cinema galego’, dentro das Festas do Apóstolo.

12.30 h
Na rúa do Obradoiro CAB, nº2, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste á inauguración da nova sede das lndicacións Xeográficas Protexidas de Carne de Vacún de Galicia.

Compartir: