Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 27 de outubro

10.00 h
No Salón Nobre, recepción ao profesorado e alumnado do Máster en Deseño Arquitectónico da UDC.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Compostela Aberta Xan Duro sobre asuntos de carácter local.

11.45 h
Na sede da Asociación Hostelería Compostela (rúa Salvadas), o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e o presidente da Asociación, Thor Rodríguez, visitan o proceso de preselección das tapas da XIV edición de Santiago(é)Tapas.

13.00 h
No Museo Centro Gaiás, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da exposición "Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires 1950-1970)".

19.00 h
No local social de San Lázaro, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantén un encontro coa Asociación de Veciños Monte do Gozo.

20.00 h
No Auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de presentación de resultados da iluminación do Proxecto Cromalux de Smartiago.

Compartir: