Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 24 de setembro

10.00 h
Na Alameda, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na I Andaina Solidaria Santiago de Compostela en Marcha contra o Cancro, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Santiago.

11.30 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á concentración de vehículos históricos de Compostela Monumental.

12.30 h
Na Rocha Vella, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa no acto de inauguración das obras do acondicionamento exterior do Castelo da Rocha Forte.

21.00 h
No campo de fútbol da USC, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega de trofeos do VIII Torneo Alevín F-8 Racing San Lorenzo e á homenaxe ao bedel Rafael Tarrío.

Compartir: