Previsións informativas para o luns 7 de marzo
9.30 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, visitan as obras do "novo enlace Orbital de Santiago de Compostela. Conexión da Autopista do Atlántico, AP-9 (PK 64+500) coa autovía Santiago – Lugo A-54 (PK 91)". Achégase punto de encontro.
10.30 h
Na praza do Obradoiro, recepción á delegación oficial das Celebracións Benedictinas. Asisten os alcaldes de Norcia, Subiaco e Cassino (Italia), que portarán o facho benedictino. Traslado ao Salón Nobre e lectura do Pacto da Amizade do Camiño de San Bieito e o Camiño de Santiago.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
14.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co gobernador do Estado de Querétaro, Mauricio Kuri, e co presidente municipal de Querétaro, Luis Bernardo Nava Guerrero.
19.00 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), acto de Homenaxe a Mulleres de Compostela, con motivo da celebración do 8M, Día Internacional da Muller.