Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 3 de novembro

10.00 h
No edificio Elisa e Jimena Fernández de la Vega (rúa das Casas Reais, 8), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, visitan a Oficina de Cidade Histórica e Rehabilitación. Declaracións aos medios.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, e da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar a 35ª edición de Cineuropa, que se celebra do 8 ao 24 de novembro. Asisten tamén o director do festival, José Luis Losa, e o deputado provincial de Cultura, Xurxo Couto.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

16.00 h
No edificio Cersia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á Asemblea da Unión de Cooperativas Espazo Coop.

Compartir: